POÉTICA DE BOLSILLO
NAI ESPERANDO O FILLO
Certamente non e veridade que a bruma haia de ser sempre do xeito deprimente. Ben e certo que isa e a súa natureza mais todo depende de saber falar con ela sobre os recordos que deixou na infancia do que se sente “abrumado”. Aquela climatoloxía que levas dentro desde pequeno.
Unha curiosade e decatarse de que o tempo que fai agora semexa mais quente que o tempo de entón. O que pasa e que agora estamos mais protexidos po la coraza dos anos percorridos e pola confortabilidade de un mundo mais rico.
Istos dias, onte sen ir mais lonxe, facía un día do inferno mais non pola calor, mais polo vento, a néboa e a choiva. Baixava eu pola rúa do que fora o meu colexio da infancia e sentía que cando era mozo, semellaba facer moito mais frio. Daquel tempo lembro noites mais escuras, non había tantas farolas com oxe, a miña roupa era moito mais pobre e meu corpo non tiña tanta graxa. Mais o vento, a néboa, a choiva e o fredo semellán-me igualiños que daquela.
Vai ser cando pensei no pensamento que encabeza ista reflexión: O inverno do Noroeste no e necesariamente deprimente si sabes falar con ele con a lingua materna dos nenos pobres e valentes que superaban o medo das ruas galernadas, correndo na escuridade camiño do lar onde a nai preparaba unha caldeira de ágoa quente. Aínda estou a sobrevivir pola aquela calor que levo dentro de min.
Ate outra.